300px|miniatura|Capilaroscopia normal 300px|miniatura|Un capilaroscopio, composto por un estereomicroscopio trinocular ao que se adxunta unha videocámara dixital. A capilaroscopia é unha proba diagnóstica empregada para estudar a morfoloxía dos capilares sanguíneos que se atopan baixo o leito ungueal. Habitualmente está indicada para o estudo do fenómeno de Raynaud. O fenómeno de Raynaud é un proceso no que os dedos mudan de cor en resposta a un estímulo térmico (frío) ou estresante. O fenómeno de Raynaud pode ser primario ou asociado a outra doenza. A capilaroscopia permite establecer a etioloxía do fenómeno de Raynaud.Semin Fund Esp Reumatol. 2010;11(Supl.1):3-4

A capilaroscopia permite dilucidar se un fenómeno de Raynaud é secundario a unha doenza do tecido conectivo. A enfermidade que máis se asocia a este fenómeno é a esclerodermia ou esclerose sistémica. Nesta doenza, a capilaroscopia amosa claramente o denominado "patrón esclerodermico", que se caracteriza pola diminución ou ausencia de capilares en parches, dilatacións capilares, megacapilares e hemorraxias cuticulares.

Outras doenzas que cursan cun patrón alterado na capilaroscopia son a dermatomiosite, o lupus eritematoso sistémico, a doenza mixta do tecido conectivo e a síndrome antifosfolípida.

Historia A capilaroscopia emerxeu por vez primeira após as observacións do físico italiano Giovanni Rasori (1766–1837), quen a través dunha lente describiu alteracións nos capilares das unllas en relación a doentes de enfermidades do tecido conectivo.

Posteriormente, Brown e O'Leary empregaron a mesma técnica para estudar especificamente o fenómeno de Raynaud no contexto da esclerose sistémica.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Fenómeno de Raynaud Esclerodermia

Categoría:Probas diagnósticas Categoría:Reumatoloxía