Fonticula é un xénero de mofo mucoso celular que forma un corpo frutífero con forma de volcán. Xa en 1979 se sabía que non tiña unha estreita relación nin cos Dictyosteliida nin cos Acrasidae, que son os dous grupos ben establecidos dos mofos mucosos celulares. Nun artigo publicado en 2009 considerábase que estaba relacionado con Nuclearia, que á súa vez está relacionado cos fungos.
Fonticula, Nuclearia, e os fungos foron reunidos nalgunhas clasificacións no grupo Nucletmycea (ou Holomycota), que é un grupo irmán de Holozoa.
Notas
Categoría:Eucariotas Categoría:Balores mucilaxinosos