Kazakhstán intentou participar no Festival de Eurovisión dende o Festival de Eurovisión 2007. Isto a pesar de non ser membro da Unión Europea de Radiodifusión, un requisito fundamental para participar. Kazakhstán retransmite o festival dende o ano 2007 e tamén intenta unirse á UER dende ese mesmo ano, pero isto resulta complicado xa que unha parte do país atópase fora da Zona de Radiodifusión Europea.El Gobierno de Kazajistán estudia entrar en la UER para poder participar en Eurovisión

Por outro lado o país eurasiático pretende unirse ao Consello de Europa, que segundo un dos requisitos do acceso da UER o país onde emita a canle de televisión debe ser membro da Unión Internacional de Telecomunicacións e debe atoparse na Área de Radiodifusión Europea ou que sexa membro do Consello de Europa. Polo que cando Kazakhstán sexa membro do Consello de Europa poderá participar nos festivais posteriores.

Notas

Categoría:Kazakhstán Categoría:Países participantes no Festival de Eurovisión