O Gran Premio de Italia de 1981 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada no circuíto de Monza o 13 de setembro de 1983. A carreira, que se disputou sobre 52 voltas, foi a décimo terceira proba da tempada de . A carreira foi o 50º Gran Premio de Italia

A Fórmula Un regresou ao circuíto de Monza logo dun ano de ausencia, o ano do anterior o Gran Premio de Italia celebrouse no circuíto de Imola.

Ao chegar a Italia, Nelson Piquet e Carlos Reutemann estaban empatados a puntos no campionato de pilotos. Alain Prost tamén loitaba polo título mundial, logo dos seus resultados nas últimas carreiras.

Tamén foi a primeira vez na que un Toleman - Hart cualificou nunha carreira con Brian Henton que cualificou o coche no lugar 23.

Carreira Cando a carreira comezou, o pole René Arnoux caeu á terceira posición, mentres que Prost e Reutemann loitaron polo liderado. Detrás, Didier Pironi colocouse cuarto tras adiantar catro coches. Pironi continuou o seu ataque contra Reutemann e Arnoux e pronto quedaron detrás del. A medida que os seus rivais caeron detrás, Prost aumentou a súa vantaxe que manteríaa o resto da carreira. Jacques Laffite tamén fixo unha excelente saída, e corría terceiro cando se retirou da carreira cunha picada nunha roda na volta 11.

Na volta 19, John Watson perdeu o control do seu coche na curva Lesmo e estrelouse contra as barreiras a alta velocidade, prendendo un pequeno lume na parte traseira do coche. O motor do seu McLaren desprendeuse do coche e encheu a pista de refugallos. Michele Alboreto, que marchaba detrás de Watson, estrelouse contra os restos do motor, mentres Carlos Reutemann tomou á herba rozando a barreira para evitar o accidente, perdeu un lugar pero só sufriu danos menores. Afortunadamente, Watson escapou ileso.

Na metade da carreira, a táboa de posicións era: Prost, Jones, Piquet, Reutemann e De Angelis. Nun incrible caso de infortunio, o motor do Piquet explotou na última volta, deixando a Reutemann terceiro e cambiando drasticamente as posibilidades para as aspiracións ao título dos dous.

Clasificación Cualificación Pos. Nº Piloto Construtor Tempo Distancia 1 16 René Arnoux Renault 1:33.467 - 2 2 Carlos Reutemann Williams-Ford 1:34.140 0.673 3 15 Alain Prost Renault 1:34.374 0.907 4 26 Jacques Laffite Ligier-Matra 1:35.062 1.575 5 1 Alan Jones Williams-Ford 1:35.359 1.892 6 5 Nelson Piquet Brabham-Ford 1:35.449 1.982 7 7 John Watson McLaren-Ford 1:35.557 2.090 8 28 Didier Pironi Ferrari 1:35.596 2.129 9 27 Gilles Villeneuve Ferrari 1:35.627 2.160 10 23 Bruno Giacomelli Alfa Romeo 1:35.946 2.479 11 11 Elio de Angelis Lotus-Ford 1.36.158 2.691 12 12 Nigel Mansell Lotus-Ford 1:36.210 2.743 13 22 Mario Andretti Alfa Romeo 1:36.296 2.829 14 6 Héctor Rebaque Brabham-Ford 1:36.472 3.005 15 25 Patrick Tambay Ligier-Matra 1:36.515 3.048 16 8 Andrea de Cesaris McLaren-Ford 1:37.019 3.552 17 3 Eddie Cheever Tyrrell-Ford 1:37.160 3.693 18 32 Jean-Pierre Jarier Osella-Ford 1:37.264 3.797 19 17 Derek Daly March-Ford 1:37.309 3.842 20 29 Riccardo Patrese Arrows-Ford 1:37.355 3.888 21 9 Slim Borgudd ATS-Ford 1:37.807 4.340 22 4 Michele Alboreto Tyrrell-Ford 1:37.912 4.445 23 35 Brian Henton Toleman-Hart 1:38.012 4.545 24 14 Eliseo Salazar Ensign-Ford 1:38.053 4.586 NSC 33 Marc Surer Theodore-Ford 1:38.114 4.647 NSC 31 Beppe Gabbiani Osella-Ford 1:38.474 5.007 NSC 36 Derek Warwick Toleman-Hart 1:39.279 5.812 NSC 30 Siegfried Stohr Arrows-Ford 1:39.713 6.246 NSC 20 Keke Rosberg Fittipaldi-Ford 1:40.345 6.878 NSC 21 Chico Serra Fittipaldi-Ford 1:40.437 6.970

Carreira Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 15 Alain Prost Renault 52 1:26:36.897 3 9 2 1 Alan Jones Williams-Ford 52 + 22.175 5 6 3 2 Carlos Reutemann Williams-Ford 52 + 50.587 2 4 4 11 Elio de Angelis Lotus-Ford 52 + 1:32.902 11 3 5 28 Didier Pironi Ferrari 52 + 1:34.522 8 2 6 5 Nelson Piquet Brabham-Ford 51 Motor 6 1 7 8 Andrea de Cesaris McLaren-Ford 51 Picada 16 8 23 Bruno Giacomelli Alfa Romeo 50 + 2 voltas 10 9 32 Jean-Pierre Jarier Osella-Ford 50 + 2 voltas 18 10 35 Brian Henton Toleman-Hart 49 + 3 voltas 23 Ret 22 Mario Andretti Alfa Romeo 40 Motor 13 Ret 17 Derek Daly March-Ford 36 Caixa de cambios 19 Ret 25 Patrick Tambay Ligier-Matra 22 Picada 15 Ret 12 Nigel Mansell Lotus-Ford 21 Suspensión 12 Ret 7 John Watson McLaren-Ford 19 Accidente 7 Ret 29 Riccardo Patrese Arrows-Ford 18 Caixa de cambios 20 Ret 4 Michele Alboreto Tyrrell-Ford 17 Accidente 22 Ret 14 Eliseo Salazar Ensign-Ford 13 Trompo 24 Ret 16 René Arnoux Renault 12 Trompo 1 Ret 26 Jacques Laffite Ligier-Matra 11 Picada 4 Ret 3 Eddie Cheever Tyrrell-Ford 11 Trompo 17 Ret 9 Slim Borgudd ATS-Ford 10 Trompo 21 Ret 27 Gilles Villeneuve Ferrari 5 Motor 9 Ret 6 Héctor Rebaque Brabham-Ford 1 Eléctrico 14 NSC 33 Marc Surer Theodore-Ford NSC 31 Beppe Gabbiani Osella-Ford NSC 36 Derek Warwick Toleman-Hart NSC 30 Siegfried Stohr Arrows-Ford NSC 20 Keke Rosberg Fittipaldi-Ford NSC 21 Chico Serra Fittipaldi-Ford

Posicións logo da carreira

Clasificación do campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Carlos Reutemann 49 2 Nelson Piquet 46 3 Alain Prost 37 4 Alan Jones 37 5 Jacques Laffite 34

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Williams-Ford 86 2 Brabham-Ford 57 3 Renault 48 4 Ligier-Matra 34 5 Ferrari 30

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas Atormentado polo trauma de case matar ao mecánico Dave Luckett nunha carreira anterior, Siegfried Stohr estrelou o seu Arrows durante a sesión de cualificación. Finalmente decidiu deixar as carreiras e fundou unha exitosa academia de automobilismo. Nelson Piquet marchaba terceiro cando o seu motor explotou na penúltima volta. John Watson tivo un grande accidente nas curvas Lesmo cando saíuse na segunda curva de Lesmo, tocou a herba e trompeou a través da pista, e o seu McLaren de fibra de carbono estrelouse violentamente cara atrás contra as barreira Armco, explotou e rompeu o coche pola metade espraiando os restos do coche alén da pista, o que causou o choque de Michele Alboreto, aínda que saíu saíu con só unhas poucas mazaduras. Pero Watson saíu ileso demostrando a resistencia da fibra de carbono do McLaren.

''A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1981 Categoría:Gran Premio de Italia de Fórmula 1