Joseph Schildkraut, nado en Viena o 22 de marzo de 1986 e finado en Nova York o 21 de xaneiro de 1964 foi un actor austríaco.

Traxectoria Schildkraut era fillo de Erna Weinstein e o actor de teatro (e logo de cinema) Rudolph Schildkraut. A súa familia era xudía. A principios do século XX marchou aos Estados Unidos e apareceu en moitas producións de Broadway.

Na década de 1920 comezou a traballar no cinema, aínda que volveu esporadicamente ao teatro. O seu primeiro éxito foi en Orphans of the Storm, de D. W. Griffith, con Lillian Gish. Gañou o Oscar ao mellor actor secundario en 1937 pola súa interpretación de Alfred Dreyfus en The Life of Emile Zola. Interpretou o papel de Otto Frank na produción orixinal de The Diary of Anne Frank e na súa versión cinematográfica (1959). Traballou tamén na televisión en series como The Twilight Zone ou Sam Benedict.

Filmografía

Orphans of the Storm (1921) Theodor Herzl (1921) The Road to Yesterday (1925) Shipwrecked (1926) Young April (1926) The King of Kings (1927) Show Boat (1929) Cock o' the Walk (1930) Carnival (1931) Viva Villa! (1934) Cleopatra (1934) The Crusades (1935) The Garden of Allah (1936) Slave Ship (1937) Souls at Sea (1937) The Life of Emile Zola (1937) Lancer Spy (1937) Marie Antoinette (1938) Suez (1938) The Baroness and the Butler (1938) Lady of the Tropics (1939) Idiot's Delight (1939) The Three Musketeers (1939) The Man in the Iron Mask (1939) Mr. Moto Takes a Vacation (1939) The Rains Came (1939) Rangers of Fortune (1940) The Shop Around the Corner (1940) The Tell-Tale Heart (1941) Flame of Barbary Coast (1945) The Cheaters (1945) Monsieur Beaucaire (1946) Northwest Outpost (1947) The Diary of Anne Frank (1959) The Greatest Story Ever Told (1965)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Joseph Schildkraut, My Father and I, contada a Leo Lania, Nova York, 1959. Ligazóns externas

Virtual History

Categoría:Actores de Austria Categoría:Nados en Viena Categoría:Nados en 1896 Categoría:Finados en 1964