Sofia Vasilyevna Krukovsky Kovalewska, nada en Moscova o 15 de xaneiro de 1850 (3 de xaneiro no calendario ruso) e finada en Estocolmo o 10 de febreiro de 1891, foi unha matemática rusa.

Familia Pola súa parte materna, era descendente do rei de Hungría, Matías Corvino. Porén, o seu avó casou cunha xitana, en contra das normas reais. Como resultado, denegóuselle o título de príncipe ao que tiña dereito. Por parte do seu pai, tivo varios parentes famosos entre os seus antepasados ​​polacos, como o cartógrafo Friedrich Schubert e o astrónomo Theodor von Schubert.

Traxectoria Sofía Kovalewska está considerada a matemática europea máis prestixiosa, o que compatibilizou coa escritura e a reivindicación dos dereitos femininos, loitando por abrir ás portas da universidade ás mulleres. Os seus profundos traballos en matemáticas fixeron reconsiderar ós seus coetáneos as arcaicas nocións da inferioridade da muller na ciencia. Realizou traballos sobre ecuacións diferenciais, teoría de funcións e cinemática. No 1874 recibiu o doutoramento da Universidade de Gotinga. Apareceron selos coa súa efixie en 1951 e 1996.

Nada nunha familia nobre, foi educada na propia casa, e así o seu carácter nervioso e retraído crese que foi debido á acción dunha estrita gobernanta que tivo de pequena. Sentiuse cedo atraída polas matemáticas: cóntase que a idade de once anos, as paredes da súa habitación estaban recubertas de papeis co traballo do matemático ruso Ostrogradski, e ós 14 anos aprendeu polos seus propios medios trigonometría para comprender a sección de óptica dun libro de física que estaba a ler por aquel entón. Diversas persoas convenceron ó pai para que ela asistira á escola para continuar os seus estudos. No 1869 intentou estudar matemáticas e ciencias na universidade de Heidelberg, persuadindo ás autoridades universitarias para que lle deixaran ir á clase de Gustave R. Kirchhoff. A súa tese doutoral, “Sobre a teoría de ecuacións diferenciais parciais” trataba sobre un sistema abondo xeral de ecuacións diferenciais de primeira orde e calquera número de variables, estendendo un traballo previo de Karl Weierstrass con condicións de contorno.

Grazas ao apoio de Gösta Mittag-Leffler conseguiu entrar como profesora da universidade de Estocolmo, ao principio sen soldo, e coa cátedra de matemáticas a partir de 1883, sendo a primeira muller en Europa en conseguilo. Promocionouna tamén na revista Acta Mathematica, fundada por el, sendo tamén a primeira muller editora dunha revista científica.

Residiu en Estocolmo dende o ano 1884.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks) Mujeres matemáticas. Trece matemáticas, trece espejos

Categoría:Matemáticos de Rusia Categoría:Nados en Moscova Categoría:Nados en 1850 Categoría:Finados en 1891 Categoría:Wikipedia:Artigos por validar con WP:TRL Categoría:Alumnos da Universidade de Gotinga Categoría:Alumnos da Universidade de Estocolmo Categoría:Alumnos da Universidade de Heidelberg