Os Tubulinea son un dos grandes grupos de Amoebozoa, aos que se lle dá categoría de clase nalgunhas clasificacións, e que inclúen algunhas das amebas de maior tamaño e mellor coñecidas, como as dos xéneros Amoeba, Arcella, e Difflugia.
Características Durante a súa locomoción a maioría dos Tubulinea teñen unha forma aproximadamente cilíndrica ou forman numerosos pseudópodos cilíndricos. Cada cilindro avanza por medio dunha soa corrente de citoplasma, de aparencia granular, e non teñen subpseudópodos. Isto distíngueos doutros grupos ameboides, aínda que nalgúns membros este non é o tipo normal de locomoción.
Clasificación Esta clase foi anticipada por algúns biólogos como Jahn, que agruparon nun mesmo taxon todas as amebas con pseudópodos granulares, pero a maioría dividen as amebas lobosas en testadas (Testacealobosia) e espidas (Gymnamoebia). Estas posteriormente foron consideradas polifiléticas, pero as árbores moleculares de Bolivar et al. identificaron un subgrupo central monofilético. Posteriores estudos mostraron que as amebas lobosas testadas pertencían ao mesmo grupo, que foi renomeado como Lobosea sensu stricto ou Tubulinea.
Notas
Categoría:Amebozoos