La Churrería é unha bisbarra histórica castellá. Comprende maioritariamente localidades da provincia de Segovia, agás de Campaspero, na provincia de Valladolid. Sitúase no centro da Meseta Norte, na comunidade autónoma de Castela e León, España.

Está integrada por sete localidades, distribuídas en cinco municipios. Todas elas comparten trazos comúns, diferenciadores, que as distinguen do resto de localidades da zona.

Os seus concellos son: Adrados Campaspero, único de Valladolid. Hontalbilla. Olombrada, que comprende no seu concello as pedanías de Moraleja de Cuéllar e Vegafría Perosillo.

Non se debe confundir La Churrería histórica coa actual Mancomunidade de La Churrería, de distribución de auga, integrada por bastantes máis concellos sen ningún vencello coa devandita bisbarra histórica.

Os seus habitantes son coñecidos como churros, polo que é un xentilicio aplicado a xente de varias localidades e polo tanto, de distinta procedencia.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Comarcas de Castela e León Categoría:Provincia de Segovia Categoría:Provincia de Valladolid