Manuel Durán Durán, nado na Estrada, foi un empresario e xornalista galego. Traxectoria

Emigrou a Cuba, onde foi secretarioEl Ideal Gallego, 16-3-1922, p. 5. e despois presidente da Sociedade Hijos de Tabeirós na Habana,El Emigrado, 16-7-1927, p. 2. e secretario da Sociedade Hijos del Ayuntamiento de La Estrada en Cuba.El Emigrado, 31-8-1931, p. 2. Retornou á Estrada a finais de 1932El Emigrado, 7-11-1932, p. 2. e montou a tinturaría "Madrid"; incorporouse á Comisión de prensa do Centro de Emigrados e foi secretario do CentroEl Emigrado, 7-2-1933, p. 1. e administrador de El Emigrado, asumindo a dirección do periódico en agosto de 1935, logo do cesamento de José María Sánchez Brea.El Pueblo Gallego, 20-8-1935, p. 15 Continuou como director até xullo de 1936. En marzo de 1936 foi nomeado concelleiro da Estrada. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu a Portugal. Desde alí marchou a Cuba."Sociedad "Hijos del Ayuntamiento de La Estrada" en Cuba", El Emigrado, 16-10-1936, p. 1.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Xornalistas da Estrada Categoría:Concelleiros da Estrada Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República

Categoría:Exilio galego

Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes