miniatura|Violín de Antonio Stradivari no Musikinstrumentenmuseum, Berlín. Un Stradivarius é un instrumento de corda construído por un membro da familia italiana de Antonio Stradivari. Os instrumentos de Stradivarius son moi valorados polos intérpretes máis importantes do mundo e polos coleccionistas de antigüidades. As características sonoras e individuais destas obras de arte son consideradas únicas, e a miúdo os instrumentos identifícanse polo nome de alguén, xeralmente un músico famoso que foi o seu propietario ou que simplemente o utilizou nalgún momento para as súas interpretacións. Estudos modernos certificaron que non son mellores que os violíns modernos, en todo caso, son os mellores coñecidos en toda a historia dos violíns.Miguel Ángel Criado, El Huffington Post, 7-IV-2014, "Los Stradivarius no son tan buenos"
Entre as explicacións baralladas para a súa calidade de son, inclúense o uso dunha laca especial, dun tratamento químico da madeira, de distintas formas de secado da mesma ou do uso dunha madeira moi anella. Un estudo conxunto das universidades de Columbia e Tennessee, de 2003, suxire que se usou madeira de árbores que tiveron un crecemento máis lento do normal -debido a un ciclo solar que produciu invernos longos e veráns menos calorosos do habitual durante a chamada Pequena Idade de Xeo-, polo que a madeira fose máis densa nesa época.Whitehouse, David (en inglés). «Stradivarius' sound 'due to Sun'.» BBC. Consultado el 14 de marzo de 2017. Stradivarius no Metropolitan Museum of Art de Nova York
Notas
Véxase tamén
Bibliografía How Many Strads?, Ernest N. Doring, William Lewis & Son, Chicago, 1945
Categoría:Stradivarius