Manuel do Pazo Rodríguez, nado en Ouzande (A Estrada) e finado no mesmo concello o 16 de setembro de 1893Gaceta de Galicia, 17-9-1893, p. 2., foi un político galego.
Traxectoria Fillo de Antonio do Pazo Porto. Foi o segundo alcalde da Estrada. En 1840 foi deputado provincial e xuíz de paz. Entre 1841 e 1842 foi procurador e deputado. Volveu ser alcalde dende o 1 de xaneiro de 1869 até o 1 de febreiro de 1872. Liberal e progresista, participou no levantamento de 1846 organizando unha Xunta e un Concello revolucionario na Estrada, en colaboración co seu fillo Serafín Pazo Cumbraos, estudante en Santiago.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Alcaldes estradenses
Categoría:Alcaldes da Estrada Categoría:Nados na Estrada Categoría:Finados en 1893 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos