A interleucina 17A (IL-17A ou IL17A) é unha proteína reguladora do tipo das citocinas que nos humanos etá codificada no xene IL17A do cromosoma 6. Foi a primeira interleucina descuberta da familia da IL-17, polo que tamén se lle deu inicialmente o símbolo IL17, e en ratos CTLA8.

A proteína codificada por este xene é unha citocina proinflamatoria producida por células T activadas. Esta citocina regula a actividade do NF-kappaB e as proteína quinases activadas por mitóxeno. Esta citocina pode estimular a expresión de IL6 e da ciclooxixenase 2 (PTGS2/COX-2), e tamén potencia a produción de óxido nítrico (NO). Altos niveis desta citocina están asociados con varias doenzas inflamatorias crónicas como a artrite reumatoide, psoríase e esclerose múltiple.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Familia IL-17

Bibliografía

Este artigo incorpora textos en dominio público da Biblioteca Nacional de Medicina dos Estados Unidos.

Categoría:Citocinas