Il Volo é un trío de pop lírico italiano, formado polos tenores Piero Barone, Ignazio Boschetto e Gianluca Ginoble. Il Volo, (cuxa tradución en galego sería O vo), foi formado en 2009, sendo influído polo estilo crossover do tamén italiano Andrea Bocelli.
O 14 de febreiro do 2015, Il Volo, gañou o Festival de San Remo coa canción "Grande amore", obtendo así a oportunidade de participar no Festival de Eurovisión 2015 representando a Italia, o cal eles aceptaron.
O 5 de xuño de 2021 realizaron un concerto na Arena de Verona en homenaxe ao compositor italiano Ennio Morricone. O 5 de novembro de 2021 lanzaron un álbum tributo dedicado a Morricone, titulado Il Volo Sings Morricone.
Discografía Il Volo (2010) We Are Love/Más que amor (2012) Buon Natale (2013) L'Amore Si Muove/Grande Amore/Grande Amore (International Version) (2015) Ámame (2018) Musica (2019) Il Volo Sings Morricone (2021)
Notas
Categoría:Representantes de Italia en Eurovisión