A linfotoxina beta (LT-beta) tamén chamada factor de necrose tumoral C (TNF-C) é unha proteína con funcións reguladoras inmunitarias, que nos humanos está codificada no xene LTB do cromosoma 6.
Función
A linfotoxina beta é un tipo de proteína de membrana de tipo II da familia do factor de necrose tumoral. Funciona ancorando a linfotoxina alfa á superficie da célula por medio da formación dun [heterotrímero]]. A forma predominante da superficie dos linfocitos é o complexo linfotoxina alfa 1/beta 2 (é dicir, 1 molécula alfa/2 moléculas beta) e este complexo é o ligando primario do receptor da linfotoxina beta. Un complexo menos frecuente é o linfotoxina alfa 2/beta 1. A linfotoxina beta é un indutor do sistema de resposta inflamatoria e está implicada no desenvolvemento normal do tecido linfoide. A isoforma b da linfotoxina beta non pode formar complexo coa linfotoxina alfa, o que suxire que hai unha función para a linfotoxina beta que é independente da linfotoxina alfa. O splicing alternativo dá lugar a moitas variantes de transcrición que codifican diferentres isoformas.
Interaccións A linfotoxina beta presenta interaccións coa linfotoxina alfa.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Linfotoxina alfa
Bibliografía
Categoría:Citocinas