Louis-Charles Barbara, nado en Orléans (Loiret) o 5 de marzo de 1817 e finado en París o 19 de setembro de 1886, foi un escritor francés.

Traxectoria Debutou como autor en 1844 cun texto gastronómico aparecido na Gazette da jeunesse. Colaborou máis tarde coa revista de Arsène Houssaye, L'artist. En 1848 fundou na súa cidade natal, Orleans, o xornal Le Démocrate. Publica diversos contos e artigos en varias revistas antes de acadar o éxito coa súa primeira novela O asasinato da Pont-RougeTradución de Marie Abraira, Hugin e Munin (L’Assassinat du Pont-Rouge, 1855). Máis tarde, publicará Ary Zang (1864) e cinco libros de relatos.

En 1866, por unha epidemia de cólera perde a súa muller, un dos fillos e a súa madrasta; Suicidouse no hospital Maison Dubois ao se tirar por unha xanela.

Véxase tamén Notas

Ligazóns externas Información sobre a vida e a obra do autor

Categoría:Nados en 1817 Categoría:Finados en 1886 Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Nados no departamento de Loiret