Laureano Domínguez Cao-Cordido, nado en Ourense e finado en Madrid o 30 de outubro de 1962Noticia en La Vanguardia, foi un xornalista e profesor galego.

Traxectoria miniatura|350px|De pé, de esquerda a dereita: Apolinar Torres, Avelino Rodríguez Elías, Laureano Domínguez Cao-Cordido e Manuel Lustres Rivas.Sentados Jaime Solá, Manuel Otero Bárcena e Blas Agra Mancebo.Entrega do premio de xornalismo Manuel Otero Bárcena, 1932. Iniciouse como xornalista en El Cosmopolita. Instalouse en Vigo e foi vicepresidente da sociedade Juventud Progresiva en 1911Noticiero de Vigo, 16-5-1911, p. 3.. Comezou a traballar no taller de Heraldo de Vigo como tipógrafo. Licenciouse en Letras e foi profesor de Instituto. Foi redactor xefe de Faro de Vigo, colaborou en periódicos galegos e españois como El Debate e ABC, e foi correspondente de La Vanguardia en Vigo. Na Segunda República foi secretario do Consello comarcal de Vigo do Partido Agrario EspañolEl Pueblo Gallego, 24-4-1935, p. 2.. Trasladado a Madrid, foi xefe de redacción de La Vanguardia en Madrid (1950-1960).

Notas

Categoría:Xornalistas de Ourense Categoría:Nados en Ourense Categoría:Finados en 1962 Categoría:Nados no século XIX