Soane Lilo Foliaki, nado en Maʻufanga (Tonga) o 18 de abril de 1933 e finado o 24 de decembro de 2013, foi un eclesiástico católico latino, bispo de Tonga dende 1994 até 2008. Traxectoria Soane Lilo Foliaki naceu en Maʻufanga, no leste de Nukuʻalofa, na illa de Tongatapu (Tonga). Foi ordenado sacerdote da Sociedade de María o 21 de xullo de 1955.
O 10 de xuño de 1994 foi nomeado bispo de Tonga polo papa Xoán Paulo II. Recibiu a consagración episcopal de mans do nuncio Thomas A. White o 23 de xuño de 1994, e tivo como co-consagradores principais ao bispo auxiliar de Hamilton Max Takuira Matthew Mariu e ao arcebispo de Suva Petero Mataca.
Retirouse o 18 de abril de 2008. Finou o 24 de decembro de 2013.
Notas
Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org The Most Reverend Soane Foliaki, s.m. Emeritus Bishop of Tonga
Categoría:Nados en 1933 Categoría:Nados en Tonga Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos de Tonga Categoría:Padres maristas Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos católicos do século XXI Categoría:Relixiosos católicos de Tonga Categoría:Finados en 2013