A Unión do Pobo Ribadense foi un partido político local de Ribadeo. Foi creado de cara ás municipais de 2007, nas que obtivo dous concelleiros (Paco Rivas, o seu fundador, e Tino Reimóndez) nunha corporación de 13, sendo o cuarto partido máis votado (e último, xa que non se presentaron máis). Nas eleccións de 2011 obtivo un posto no concello (Paco Rivas, que posteriormente cedeu o seu lugar a Tino Reimóndez, representante até as eleccións de 2015), sendo o terceiro partido máis votado dos catro participantes.

Dispuña dunha organización xuvenil, as xuventudes de UPRi.

Non se ten presentado ós comicios autonómicos nin xerais, a máis das dúas eleccións locais (2007 e 2011).

O día 26 de febreiro de 2015 comunicou a súa disolución, ó tempo que parte dos seus membros comunicaron que tentarían integrar unha lista de Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía en Ribadeo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ribadeo

Categoría:Partidos políticos desaparecidos de Galicia Categoría:Ribadeo