Guadalupe é un concello español da provincia de Cáceres, en Estremadura. Pertence á comarca de Las Villuercas e en 2014 tiña 2021 habitantes. Historia

Segundo a tradición un pastor encontrou unha talla da virxe María no río Guadalupe a finais do século XIII ou principios do XIV. Preto do lugar onde se encontrou a imaxe construíuse unha ermida arredor da cal xurdiu o asentamento actual co nome de Puebla de Santa María de Guadalupe. Dende a construción do primeiro santuario Guadalupe converteuse no centro de peregrinación máis importante da Península Ibérica despois de Santiago de Compostela, condición que mantén na actualidade a través da peregrinación que chega de toda España polos camiños de Guadalupe. Isto débese ao feito de que se Santiago é o patrón de España, a virxe de Guadalupe é a patroa de todas as terras de fala hispana e ostenta o título de raíña das Españas segundo a tradición católica. O actual real mosteiro de Santa María de Guadalupe considérase como un dos maiores símbolos de Estremadura e a Virxe de Guadalupe é tamén patroa desta rexión. O municipio conta con gran cantidade de monumentos ademais do mosteiro.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web

Categoría:Concellos da provincia de Cáceres