O bitcoin (símbolo: ; abreviatura: BTC) é unha criptomoeda descentralizada creada por un autor anónimo de pseudónimo Satoshi Nakamoto.Bitcoin: A Peer-to-Peer Electronic Cash System Está subdividida en 10 millóns de unidades máis pequenas chamadas satoshis.
É a moeda alternativa máis empregadaQuantitative Analysis of the Full Bitcoin Transaction Graph cun mercado total de 100 millóns de USD. No canto de ser creados por unha entidade central, a rede peer-to-peer de bitcoin regula a creación e intercambio de bitcoins segundo a programación da mesma rede. Hai nodos que se dedican a crear e a verificar bitcoins mediante operacións matemáticas que requiren gran capacidade de potencia de cálculo. Está establecido que non haberá máis de 21 millóns de bitcoins, cifra á que se calcula chegar no ano 2140.
Historia Dende a década de 1970, a utilización de sinaturas dixitais baseadas en criptografía asimétrica proporcionou un forte control de propiedade. Sobre a base da criptografía asimétrica, en 1998 Wei Dai describiu a b-Money como unha solución descentralizada ó problema dos pagamentos electrónicos. Posteriormente, Nick Szabo e Hal Finney estenden e complementan o traballo de Wei Dai.
En 2008, Satoshi Nakamoto publica un artigo na lista de criptografía de metzdowd.com no que describe o protocolo.Artigo de Satoshi Nakamoto na lista de correo de criptografía
O 3 de xaneiro de 2009, a rede Bitcoin entra en funcionamento coa publicación do primeiro cliente, de código aberto, e a creación dos primeiros bitcoins. Até a invención de Bitcoin, era obrigado que todos os pagamentos no comercio electrónico se canalizasen a través de entidades centralizadas de confianza, polo xeral bancos e outras empresas financeiras, que xestionaban o seguimento de todas as transaccións.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Moeda global Criptomoeda Minería de GPU
Categoría:Cadea de bloques Categoría:Criptomoedas Categoría:Software libre