Santa Cruz de Ribadulla é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Vedra. Segundo o IGE en 2010 tiña 729 habitantes (370 mulleres e 359 homes) distribuídos en 20 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 771 habitantes.

Patrimonio No lugar de Ortigueira está o pazo de Santa Cruz de Ribadulla, tamén coñecido como Granxa de Ortigueira (e antigamente como Torre de Ortigueira). Foi construído polos Abraldes, que emparentaron cos Mondragón, e mercado no século XVI por Juan Ibáñez de Mondragón, cóengo da catedral de Santiago.

No pazo viviu Gaspar Melchor de Jovellanos en 1811, e tamén foi a residencia do militar Alfonso Armada Comyn, noveno marqués de Ribadulla.

O marquesado de Santa Cruz de Ribadulla foi outorgado por Carlos II en 1683. O marqués tiña aforados á práctica totalidade da poboación do concello, que pagaban as súas rendas en especies, como centeo, trigo ou millo miúdo.

O pazo ten unha traza austera. Está rodeado por un parque deseñado por Juan Ibáñez de Mondragón e aumentado por Juan Ignacio Armada. O xardín conta coa fonte da Nogueira, a fonte da Coca (barroca e coroada por un escudo coa vieira de Santiago), e a fonte do Santiaguiño (de 1670).

Pedro de Valdés Feixoo e Novoa, que mandara construír a fonte do Santiaguiño, ordenou en 1676 facer a capela, que está unida ao pazo por un arco.

Lugares e parroquias Lugares de Santa Cruz de Ribadulla

Parroquias de Vedra

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vedra

Categoría:Parroquias de Vedra Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación da Santa Cruz