David R. M. Melding, nado en Neath o 28 de agosto de 1962 é un político galés, vicepresidente da Asemblea Nacional de Gales. Traxectoria Estudou na escola Dwr-y-Felin, na Universidade de Gales e no College of William and Mary (Estados Unidos). Membro do Partido Conservador é deputado da Asemblea Nacional de Gales desde 1999 e o vicepresidente da cámara desde 2011. De ideas federalistas publicou en 2013 The Reformed Union: The UK as a Federation no que propón unha vía federal para o Reino Unido na que poidan confluír tanto nacionalistas como unionistasLaw Statute Law Review Volume 35, Issue 2, pp. 206-209

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Perfil na Asemblea Nacional de Gales

Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en Neath Categoría:Políticos conservadores Categoría:Políticos de Gales