Santa María de Doroña é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Vilarmaior na comarca de Betanzos. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2020 tiña 289 habitantes (145 homes e 144 mulleres) distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 363 habitantes.
Patrimonio A igrexa parroquial é un templo románico do século XII. Ten unha nave de planta rectangular con ábsida semicircular. A fachada principal está protexida por un pórtico cuberto, con columnas a ambos lados e un tímpano onde aparece un Agnus Dei enmarcado nun arco de medio punto lixeiramente apuntado. Sobre o tellado, no lado da epístola, hai unha espadana.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Doroña
Parroquias de Vilarmaior
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vilarmaior
Categoría:Parroquias de Vilarmaior Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María