MTI (acrónimo de Multi-spectral Thermal Imager) foi un proxecto do Departamento de Enerxía dos Estados Unidos e Oficina de Non Proliferación e Seguridade Nacional co propósito de realizar tarefas de vixilancia de centros nucleares e busca de po relacionado co procesamento de uranio. Foi lanzado o 12 de marzo de 2000 mediante un foguete Taurus desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.
Características MTI, baseado no bus BCP-600, pesaba 587 kg ao lanzamento e levaba a bordo sensores para poder observar en 15 bandas espectrais diferentes en lonxitudes de onda visibles e infravermellas. Os sensores tamén fixeron observacións con fins científicos e civís, estudando a atmosfera. Os sensores foron construídos nos Laboratorios Nacionais de Sandia. A bordo tamén viaxaba un espectrómetro de raios X (HXRS, High-energy X-ray Spectrometer), patrocinado pola NOAA e o Instituto Astronómico da República Checa, que observou erupcións solares e tormentas de partículas de alta enerxía.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Taurus
Categoría:Satélites artificiais