miniatura|Johann Sebastian Bach (1685–1750), por Elias Gottlob Haussmann (1748). Esta é unha lista ordenada das cantatas de Johann Sebastian Bach. Existen case 200 cantatas de Bach entre as súas máis importantes composicións vocais.

A lista inclúe tanto cantatas existentes e, na medida en que se sabe, cantatas perdidas. Está ordenada polo número de cantata, que é igual ao número no Bach-Werke-Verzeichnis (BWV), por título, por ocasión durante o ano litúrxico, o ano de composición e a data da primeira interpretación, se son coñecidas. Tamén se proporciona a agrupación, agrupada por cantantes e familias de instrumentos. As cores mostran que cantatas non son cantatas de igrexa existentes e mesmo que obras non foron compostas por Bach, mais lle foron atribuídas no pasado. Tamén se inclúe unha ligazón á partitura libre da Bach Gesellschaft no International Music Score Library Project (IMSLP).

Abreviaturas Danse as abreviaturas dos intérpretes para os cantantes solistas, o coro (tipicamente SATB), metais (máis timpani), madeiras, cordas, teclado e basso continuo. O basso continuo consiste nun grupo de intérpretes, dependendo da escritura da cantata e o lugar de interpretación. Por exemplo un fagot o realiza tipicamente cando outros instrumentos de vento están tocando, un órgano pode ser tocado na igrexa, un clavicémbalo será empregado en contornos seculares.

Solo Coro Metais Madeiras Cordas Teclado Basso continuo S = soprano S = soprano Tr = tromba (trompeta) Fl = flauto (frauta doce) Vl = violino (violín) Org = organo (órgano) Bc = basso continuo A = alto A = alto Tt = tromba da tirarsi Fp = flauto piccolo Vs = violino solo Cemb = cembalo (clavicémbalo) Lt = liuto (laúde) T = tenor T = tenor Cl = clarín (trompeta alta barroca) Ft = flauto traverso Va = viola   B = baixo B = baixo Tb = trombón Ob = óboe Vc = violoncello   Co = corno (trompa) Oa = óboe d'amore Vp = violoncello piccolo   Cc = corno da caccia Ot = taille (óboe tenor) Vm = viola d'amore   Ct = corno da tirarsi Oc = óboe da caccia Vg = viola da gamba   Li = lituo (lituus) Fg = fagot Vt = violetta   Cn = cornetto Vn = violone   Ti = timpani  

Lista de cantatas + Cores Cantata sacra Cantata secular Non é unha cantata Non está composta por Bach Fragmento Non se conserva A seguinte lista segue o Bach-Werke-Verzeichnis e contén todas as cantatas sacras (1–197, 199), as cantatas seculares (198, 201–215), fragmentos (50, 80b, 216, 224) e obras antigamente atribuídas a Bach (15, 53, 141–142, 160, 189, 217–223), cantatas perdidas (36a, 66a, 70a, 80a, 120b e outras), así como obras que xa non son consideradas cantatas (11, 53, 118). A maioría de cantatas de igrexa foron compostas para ocasións do ano litúrxico luterano e relacionadas coas lecturas prescritas. Os domingos despois da Trindade son abreviados, por exemplo "Trindade II" para o segundo domingo despois da Trindade. As grandes festas Nadal, Pascua e Pentecostés eran celebradas durante tres días, indicados por números para o segundo e o terceiro día, por exemplo "Pascua 3" para o terceiro día da Pascua cristiá. Os instrumentos de teclado son indicados só cando teñen partes solísticas específicas, non como parte do grupo de instrumentos do continuo. se máis dunha parte foi composta para un instrumento, indícase cun número, por exemplo "3Tr" indica que hai tres trompetas.