Siân Melangell Dafydd, nada en Esclusham en 1977, é unha tradutora e escritora galesa. Traxectoria Naceu na pequena aldea de Llwyneinion na comunidade de Esclusham. Licenciouse en historia da arte na Universidade de St Andrews en Escocia. Traballou en diversas galerías, deixándoo para se graduar en 2006 no curso de escritura creativa da Universidade de East Anglia. Publicou os seus relatos e poesías en numerosas revistas literarias. No ano 2009 gañou o premio de prosa do Eisteddfod Nacional de Gales pola novela Y Trydydd Peth publicada nese ano por Gwasg Gomer. En 2012 publicou co fotógrafo Paul White e o poeta Damian Walford Davies Ancestral Houses: the Lost Mansions of Wales/Tai Mawr a Mieri. Plastai Coll Cymru. A antoloxía Best British Short Stories 2014 recolleu o seu relato Hospital FieldSian Melangell Dafydd, Jonathan Gibbs, Philip Langeskov and Anna Metcalfe selected for Best British Short Stories 2014. NewWriting, 27 de maio de 2014 e en Best British Poetry 2014 incluíuse o seu poema Big Cats. Tradutora ao galés das obras de Eoin Colfer Artemis Gwarth Ac Antur Yr Arctig (2009) e Artemis Gwarth a Chod Tragwyddoldeb (2009); de Bernard Ashley, Ty Dial (2011) e Milwr Bychan (2011) e de Brian Keaney Ysgol Jacob (2012). É coeditora da revista literaria Taliesin e da dixital Y Neuadd, e mais tamén profesora de ioga.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Blog da autora 15pxVídeo de Sara Penrhyn Jones para Wales Literature Exchange sobre a novela Y Trydydd Peth

Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados en Wrexham Categoría:Escritores en lingua galesa Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Tradutores de Gales Categoría:Tradutores do inglés