Abbas Kiarostami (), nado en Teherán o 22 de xuño de 1940 e finado en París o 4 de xullo de 2016, foi un director de cine, guionista e produtor iraniano. Un activo cineasta dende 1970, Kiarostami ten realizado máis de corenta filmes, incluíndo curtametraxes e documentais. Kiarostami foi louvado pola crítica por dirixir a Triloxía de Koker (1987–94), Close-Up (1990), Ta’m-e gīlās (1997) (premiado coa Palma de Ouro no Festival de Cannes), e The Wind Will Carry Us (1999). Nos seus últimos filmes, Certified Copy (2010) e Like Someone in Love (2012), rodou por vez primeira fóra de Irán, en Italia e o Xapón respectivamente.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Directores de cinema de Irán Categoría:Guionistas de Irán Categoría:Alumnos da Universidade de Teherán Categoría:Nados en Teherán Categoría:Nados en 1940 Categoría:Finados en 2016