miniatura|Queixo appenzeller O appenzeller é un queixo suízo feito a base de leite de vaca de pasta dura cun gusto intenso, refinado e característico, especialidade dos cantóns de Appenzell Interior e Appenzell Exterior.
Elaboración O ambiente prealpino intacto e as herbas da rexión facilitan obter este queixo, que forma parte do patrimonio do Appenzell. Prodúcese nunhas 80 queixerías esparexidas polas vilas e aldeas da rexión, e nunha pequena parte dos cantóns de Sankt Gallen e Turgovia. O queixo madurece durante un mínimo de tres meses. O seu gusto potente recíbeo ao untalo repetidas veces, de dúas a tres veces por semana, cunha moira a base de plantas denominada sulz, e que se mantén en segredoAppenzeller®, el queso suizo con las ‘hierbas mágicas’. Con Mucha Gula, 6 de novembro de 2013, só a coñecen dúas persoas por xeración que poden acceder á caixa do banco onde se garda a receitaJérôme Estèbe Histoires fromagères, Tribune de Genève, 27 de novembro de 2009 , p.40. As pezas de Appenzeller pesan entre 6,2 e 8 kg e teñen un diámetro de 30 a 33 cm que se obteñen con 80 litros de leite. Variedades miniatura|Un anaco de Classic á esquerda, e outro de Surchoix á dereita Classic : madurecido de 3 a 4 meses. A etiqueta é azul e vermella. Surchoix : madurecido de 4 a 6 meses cun gusto máis acentuado. A etiqueta é áurea. Extra : madurecido de 6 a 8 meses. A etiqueta é negra
Comercialización Prodúcense menos de 10.000 toneladas por ano, concretamente no ano 2014, 8.831TSM-GM. Produción do mercado de leite , exportándose en gran parte, principalmente a Alemaña. Comercialízao Appenzeller Käse baixo a denominación Appenzeller Switzerland .
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Web oficial de Appenzeller Käse , , , ,
Categoría:Queixos de Suíza