Munin, nomeado así por un dos corvos mitolóxicos asociados a Odín, foi un nanosatélite sueco lanzado o 21 de novembro de 2000 mediante un foguete Delta II (Delta 7320) desde a Base Vandenberg da Forza Aérea, nos Estados Unidos.
Características Munin pesaba 6 kg ao lanzamento e consistía nunha estrutura cúbica de 21 cm de lado rodeada de células solares. Foi construído por estudantes con asistencia do Instituto Sueco para a Física Espacial (IRF). Estivo destinado ó estudo das auroras polares, para o cal levaba a bordo un espectrómetro de ións e electróns e un detector de estado sólido para partículas de alta enerxía, así como unha pequena cámara con CCD para fotografar as auroras. O satélite conseguiu datos que eran almacenados na memoria de a bordo, de 2 Mbit de capacidade, para posteriormente envialos á estación terrestre de Kiruna, en Suecia, cada vez que o satélite pasaba sobre ela.
O último contacto con Munin tivo lugar o 12 de febreiro de 2001. Despois dun reseteo manual da CPU do satélite nunca se recuperou o contacto.
Notas
Categoría:Satélites artificiais