Steven D'Shawn "Steve" Francis, nado o 21 de febreiro de 1977 en Takoma Park, Maryland, é un antigo xogador profesional de baloncesto estadounidense.
Traxectoria profesional Francis foi seleccionado na 2ª posición do Draft da NBA de 1999 polos Vancouver Grizzlies. Anunciou publicamente que non quería xogar nos Grizzlies debido á distancia entre Vancouver e o seu fogar en Maryland. Tras estes comentarios, as críticas posteriores e un incidente no Aeroporto Internacional de Vancouver, a franquía decidiu traspasar a Francis. Antes do comezo da tempada 1999-00, Francis foi traspasado ós Houston Rockets nun traspaso entre tres equipos, que incluíu a once xogadores. No seu momento foi o traspaso máis grande da historia da NBA. Nesa tempada conseguiu o galardón ó Rookie do Ano da NBA, compartido con Elton Brand. Francis rematou a súa primeira etapa nos Rockets despois de ser traspasado ós Orlando Magic no ano 2004.
O 22 de febreiro de 2006, Francis foi traspasado ós New York Knicks a cambio de Trevor Ariza e Penny Hardaway. Tras dúas tempadas en Nova York, Francis volveu a Houston coma axente libre, asinando un contrato por dúas tempadas e 6 millóns de dólares. O 24 de decembro de 2008, foi traspasado ó equipo que o elixiu no Draft, os Grizzlies, desta volta situados na cidade de Memphis. O 27 de xaneiro de 2009, Francis foi cortado polos Grizzlies, sen chegar a debutar co equipo.
En novembro de 2010, Francis asinou cos Beijing Ducks da Chinese Basketball Association. Acadou 0.5 puntos e 0.7 rebotes por encontro en 4 partidos disputados, antes de deixar China a finais de decembro dese mesmo ano.
Estatísticas Lenda PX Partidos xogados MPP Minutos por partido %TC Porcentaxe de tiros de campo %3P Porcentaxe de tiros de 3 %TL Porcentaxe de tiros libres RPP Rebotes por partido APP Asistencias por partido ROU Roubos de balón por partido TPP Tapóns por partido PPP Puntos por partido Negra Máximo de carreira
Tempada regular Ano Equipo PX MPP %TC %3P %TL RPP APP ROU TPP PPP 1999–00 Houston 77 36.1 .445 .345 .786 5.3 6.6 1.5 0.4 18.0 2000–01 Houston 80 39.9 .451 .396 .817 6.9 6.5 1.8 0.4 19.9 2001–02 Houston 57 41.1 .417 .324 .773 7.0 6.4 1.2 0.4 21.6 2002–03 Houston 81 41.0 .435 .354 .800 6.2 6.2 1.7 0.5 21.0 2003–04 Houston 79 40.4 .403 .292 .775 5.5 6.2 1.8 0.4 16.6 2004–05 Orlando 78 38.2 .423 .299 .823 5.8 7.0 1.4 0.4 21.3 2005–06 Orlando 46 37.7 .433 .257 .797 4.8 5.7 1.1 0.2 16.2 2005–06 New York 24 27.5 .442 .538 .761 3.0 3.5 1.0 0.3 10.8 2006–07 New York 44 28.1 .408 .378 .829 3.6 3.9 0.9 0.3 11.3 2007–08 Houston 10 19.9 .333 .235 .565 2.3 3.0 0.9 0.5 5.5 Total 576 37.6 .429 .341 .797 5.6 6.0 1.5 0.4 18.1
Playoffs Ano Equipo PX MPP %TC %3P %TL RPP APP ROU TPP PPP 2004 Houston 5 44.4 .429 .412 .725 8.4 7.6 1.4 .2 19.2 Total 5 44.4 .429 .412 .725 8.4 7.6 1.4 .2 19.2
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados no condado de Montgomery, Maryland Categoría:Nados en 1977 Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Vancouver Grizzlies Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos New York Knicks