San Cristovo de Carnés é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Vimianzo na comarca da Terra de Soneira. Accédese a través da estrada que leva ao concello de Camariñas e cruzando a ponte do Porto, a 3 km desta vila porteña. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 527 habitantes (277 mulleres e 256 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 808 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 590 habitantes, sendo 283 homes e 307 mulleres.

A festa principal celébrase do 9 ó 12 de xullo, celebrando a festividade de San Cristovo o día 10 e precedido o día 9 da festa gastronómica popular dos callos.

Lugares e parroquias Lugares de Carnés

Parroquias de Vimianzo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vimianzo

Categoría:Parroquias de Vimianzo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Cristovo