miniatura|250px|Tentáculos de actinias. miniatura|250px|Anemonia viridis. miniatura|180px|Escifozoos da especie Chrysaora quinquecirrha.
Un tentáculo é un apéndice, alongado e flexíbel, sen esqueleto, que presentan algúns animais invertebrados, e que ten diferentes funcións, segundo os distintos grupos taxonómicos.tentáculo no dicionario da RAG.
O termo tentáculo deriva do verbo latín medieval tentare, que significa "tentar", "apalpar", "sentir", "tocar".
Anemones de mar As anemones de mar do xénero Actinia teñen tentáculos retráctiles, coa finalidade de protexelos cando o animal queda ao descuberto na baixamar. En cambio es anémonas do xénero Anemonia non teñen tentáculos retráctiles, debido ao feito de que adoitan encontrarse baixo rochas e/ou en pozas onde hai sempre auga. Todas as anémonas, ou case todas, son depredadoras, e usan os seus tentáculos para atraparen ás súas presas cando pasan sobre elas.
Medusas As medusa da clase dos cubozoos utilizan os tentáculos, que son urticantes, para atrapar presas. Porén, non poden utilizalos independentemente, xa que van á deriva. Pero as da clase das escifomedusas son unha excepción: poden usalos como fai o polbo cos seus raxos.
Cefalópodos miniatura|180px|esquerda|A sepia ten 8 brazos e 2 tentácuos.
Os cefalópodos teñen oito brazos provistos de ventosas (cunha excepción: o náutilo, Nautilus pompilius, que ten máis, pero sens ventosas). As luras, as sepias e os polbos, segundo moito autores, teñen tamén oito (ou dez) tentáculos, segundo a definición que deste termo se fai aquí. Pero algúns autores diustiguen entre os tentáculos dos cefalópodos e os seus brazos. Utilización dos termos brazo e tentáculo Para evitaren as confusións, certas fontes distinguen os brazos dos cefalópodos dos tentáculos.Tous les animaux du monde: Les invertébrés, t. 8, Librairie Larousse, 1974, ISBN 2-03-015180-7, p. 182 distingue tentáculo de brazo, mentres que outras fontes, como Définitions lexicographiques et étymologiques de «tentacule» do Trésor de la langue française informatisé non fan esta distinción. miniatura|100px|Larva dun Trypanorhyncha (só se mostran 2 tentáculos dos 4 que ten). Cando si se fai esta distinción, os tentáculos refírense aos dous membros adicionais, máis longos que os outros membros, que teñen luras e sepias. Así, o termo tentáculo sería inapropiado para os polbos, que carecen destes dous órganos.
Nos brazos, as ventosas dispóñense en toda a súa lonxitude, mentres que nos tentáculos están só ao final.
Porén outras fontes non fan esta distinción.Tentacule no Trésor de la langue françaie informatisé (TLF).
Cestodos tripanorrincos
Os cestodos Trypanorhyncha son diminutos parasitos de peixes. O seu escólex leva catro tentáculos que están cubertos de espiñas. Estes tentáculos contribúen á fixación do cestodo adulto á paree intestinal dos tiburóns ou das raias que parasitam en estado adulto. Os mesmos tentáculos tamén están presentes nas larvas.Beveridge, I.; Bray, R. A.; Cribb, T. H. & Justine, J.-L. (2014): "Diversity of trypanorhynch metacestodes in teleost fishes from coral reefs off eastern Australia and New Caledonia". Parasite, 21, 60. .
Notas
Véxase tamén Outros artigos Brazo (cefalópodo)
Categoría:Anatomía animal Categoría:Termos zoolóxicos