Ricardo Sérgio é un xornalista e locutor radiofónico portugués. Colabora na emisora Antena 3, no xornal Diário de Notícias e na revista Op.
Traxectoria É licenciado en Comunicación Social e Cultural pola Universidade Católica Portuguesa. Comezou a facer radio nos anos 1990, na radio da escola. Antes de facelo en Antena 3, traballou na RFM e no NetParque.
Na Antena 3, edita o info-3 e fai a emisión da tarde con Mónica Mendes. Fai tamén a emisión dos festivais de verán. Foi o protagonista da radionovela Perdidos no Éter, de Nuno Markl, con quen tamén fixo o Bizarro Bazar.
Amais da radio, tamén fixo teatro co Grupo de Teatro Independente da Universidade Católica Portuguesa e o grupo do Palco Oriental.
Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista a Ricardo (Landum) .
Categoría:Personalidades de Portugal Categoría:Alumnos da Universidade Católica Portuguesa Categoría:Nados en ano descoñecido