San Martiño de Ramil é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Agolada. Segundo o IGE de 2013 tiña 43 habitantes (27 mulleres e 16 homes) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 95 habitantes. A parroquia é limítrofe coa homónima Ramil, Palas de Rei.
Nesta parroquia naceu o militar Manuel Costa Varela.
Patrimonio A igrexa de Ramil ten vestixios prerrománicos procedentes seguramente do templo primitivo (do que se advirten as súas ruínas preto do actual), incorporados ao ser erguida nos primeiros anos do século XII; aínda que ten tamén elementos gotizantes como os capiteis interiores. É de nave única, ábsida cadrada, fiestras abucinadas, portada de arco sobre columnas cun sobrio arco triunfal con dobre arquivolta.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Ramil
Parroquias de Agolada
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Agolada
Categoría:Parroquias de Agolada Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño Categoría:Parroquias galegas homónimas con outras de concellos limítrofes