San Sebastián de Cabeiras é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Arbo. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 285 habitantes (152 homes e 133 mulleres) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha gran diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 553 habitantes.

A economía da parroquia susténtase no sector primario, como a viticultura (adega Pazo Pondal) ou a pesca da lamprea.

O monte Chan do Padrón, lindando co concello das Neves, e o punto de maior altitude. En Cabeiras abundan os lugares de sendeirismo con máis de 10 rutas incluso para ciclismo. O 24 de febreiro celébrase o san Brais, o 24 de xullo O Carme, e o 1 de agosto san Fins no monte do mesmo nome.

Na praza da aldea hai un busto en homenaxe a Juan Alonso Rodríguez.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Cabeiras

Parroquias de Arbo

Categoría:Parroquias de Arbo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Sebastián