Constantino II, nado en Nepi, foi antipapa desde o 29 de xuño de 767 ao 6 de agosto de 768, durante o pontificado de Estevo III.
Tras a morte do papa Paulo I, o duque de Nepi aproveita para provocar unha insurrección armada e proclamar como papa ao seu irmán, un laico que tomará o nome de Constantino II.
Ao ser laico, foi ordenado antes de ser consagrado Papa, circunstancia nada infrecuente na época, pero que será o motivo polo que un tribunal eclesiástico o depoña o 6 de agosto de 768. Despois de ser deposto arrincáronlle os ollos e foi confinado a un mosteiro, onde máis adiante falecería.
Desígnase como sucesor a un sacerdote romano chamado Filipe que renuncia ao día seguinte.
Notas
Categoría:Antipapas