Santa María de Beluso é unha parroquia que se localiza no oeste do concello pontevedrés de Bueu na comarca do Morrazo. Linda ao norte coa ría de Pontevedra; ao sur coa parroquia de Aldán (Cangas); ao leste coa parroquia de Bueu; e ao oeste, coa ría -tamén chamada enseada- de Aldán. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 2834 habitantes (1383 homes e 1451 mulleres), 208 menos ca en 1999. Ten catorce entidades de poboación.
No ámbito eclesiástico, forma parte do arciprestado do Lérez, tras a extinción do do Morrazo, da vigairía de Pontevedra da arquidiocese de Santiago de Compostela.
Historia Pertencente no Antigo Réxime á xurisdición de Cangas, foi integrada no século XIX, coa creación dos municipios, no concello de Bueu.
Patrimonio A igrexa parroquial, situada no lugar da Roza, está dedicada a santa María. Tamén existe unha capela no lugar de San Amedio. A este santuario, citándoo como San Mamede, foi ao que o trobador Johan de Cangas dedicou tres cantigas de amigo.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Beluso
Parroquias de Bueu
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Bueu
Categoría:Parroquias de Bueu Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María