Shabazz Bozie Napier, nado o 14 de xullo de 1991 en Boston, Massachusetts, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional.

Traxectoria O 26 de xuño de 2014, Napier foi seleccionado na 24ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Charlotte Hornets. Na mesma noite do Draft foi traspasado ós Miami Heat.HEAT Acquires Shabazz Napier in the 2014 NBA Draft O 18 de xullo de 2014, asinou cos Heat tras acadar 10.2 puntos por encontro na Liga de Verán da NBA.HEAT Sign Shabazz Napier Na súa tempada coma rookie, foi asignado en varias ocasións ós Sioux Falls Skyforce, afiliado dos Heat na NBA Development League.

O 27 de xullo de 2015, Napier foi traspasado ós Orlando Magic a cambio dunha elección da segunda rolda do Draft de 2016.

O 7 de xullo de 2016, Napier foi traspasado ós Portland Trail Blazers.

O 17 de xullo de 2018, Napier asinou cos Brooklyn Nets.

O 7 de xullo de 2019, Napier foi traspasado xunto a D'Angelo Russell e Treveon Graham ós Golden State Warriors a cambio de Kevin Durant. O día seguinte, foi traspasado xunto a Treveon Graham ós Minnesota Timberwolves a cambio dos dereitos do Draft de Lior Eliyahu.

O 6 de febreiro de 2020, Napier foi traspasado ós Washington Wizards a cambio de Jordan McRae.

Estatísticas Tempada regular Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS 2014–15 Miami 51 19.8 .382 .364 .786 2.2 2.5 0.8 0.1 5.1 2015–16 Orlando 55 10.9 .338 .327 .733 1.0 1.8 0.4 0.0 3.7 2016–17 Portland 53 9.7 .399 .370 .776 1.2 1.3 0.6 0.0 4.1 2017–18 Portland 74 20.7 .420 .376 .841 2.3 2.0 1.1 0.2 8.7 Total 233 15.7 .395 .363 .802 1.7 1.9 0.8 0.1 5.7

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Boston, Massachusetts Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Charlotte Hornets Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores do BC Zenit San Petersburgo Categoría:Xogadores dos Capitanes de Ciudad de México Categoría:Xogadores do Olimpia Milano Categoría:Xogadores do KK Crvena zvezda