O hoatzín (Opisthocomus hoazin), é unha especie de ave tropical que vive en pantanos, bosques húmidos e mangleirais da bacía do río Amazonas e do delta do río Orinoco, en América do Sur.
Coñécense varias especies fósiles, incluíndo unha de África,Mayr, G.; Alvarenga, H. & Mourer-Chauviré, C. (2011): "Out of Africa: Fossils shed light on the origin of the hoatzin, an iconic Neotropic bird". Naturwissenschaften 98 (11): 961–966. e outra de Europa.Gerald Mayr and Vanesa L. De Pietri (2014): "Earliest and first Northern Hemispheric hoatzin fossils substantiate Old World origin of a Neotropic endemic". Naturwissenschaften 101 (2): 143–148.
Características miniatura|esquerda|200px|Moi precoz, o pito, coas gadoupas que ten, pode gabear polas ramas das árbores até que as ás lle permitan voar.
O hoatzín é do tamaño dun faisán, cunha lonxitude total de 65 cm, un longo pescozo e a cabeza pequena. A cara, sen plumas, é de cor azul; os ollos son de cor granate.A cabeza está coroada por unha crista de plumas acabadas en punta e cor marela.A cola é longa, de cor marrón pálida, acabada nunha punta ancha.As partes superiores do corpo son escuras, cun bordo de cor marrón pálido nas cobertoiras alares, e raias no lombo e a caluga. As partes inferiores son brillantes, e os flancos son de cor castaña arrubiada (visíbeis só cando a ave abre as súas ás).
Unha das súas característica diferencial é a de posuír poutas en dous dos seus dedos das ás.
Bioloxía Alimentación O hoatzín é herbívoro: come follas e froitos. Ten un aparello dixestivo infrecuente nas aves, moi amplo, adaptado para a fermentación da materia vexetal, dunha maneira en certo modo análoga ao aparello dixestivo dos mamíferos ruminantes. Estas aves desprenden un mal olor, causado pola fermentación dos alimentos no seu parello dixestivo.Jackson, Tom (2015): DK Eyewitness Books: The Amazon. New York, NY, USA: DK Publishing. ISBN 978-1-4654-3566-8, p. 21.
Costumes O hoatzín é unha especie ruidosa, cunha variedade de chamadas roucas, incluíndo xemidos, grallos, asubíos e gruñidos. Estas chamadas a miúdo asócianse con movementos corporais, como a expansión das ás.
Taxonomía É o único membro do xénero Opisthocomus,Opisthocomus Illiger, 1811 no ITIS. o que o converte na única especie existente da familia dos opistocómidos,Opisthocomidae no ITIS. e da orde dos opistocomiformes.Opisthocomiformes no ITIS.
A posición taxonómica da familia foi moi debatida e aínda está lonxe de ser clara.
Etimoloxía Xénero miniatura|240px|No río Napo, Ecuador. O nome do xénero, Opisthocomus, está formado pola unión dos elementos do latín científico Opistho- e -comus. O primeiro está tirado da raíz do adverbio do grego antigo ὂπισθεν ópisthen, 'detrás', 'cara a atrás'; e o segundo deriva do substantivo do grego antigo κόμη kómē, 'pelo', 'cabeleira'. Literalmente: 'os de cabeleira cara a atrás', en referencia á súa gran crista de plumas.
Especie O epiteto específico, hoazin, deriva do náhuatl huāctzin.hoatzin no Merriam-Webester Unabriged Dictionary.
Descrición da especie, sistemática e evolución A especie foi descrita orixinariamente en 1766 polo zoólogo alemán Statius Müller, co nome Phasianus hoazin.
Houbo moito debate sobre as relacións de hoatzín coas outras aves. Por mor das súas diferenzas foi situada na súa propia familia, a dos opistocómidos, e na súa propia orde, a dos opistocomiformes. En varias ocasións foi relacionado con outros taxa, como os tinamiformes, os galiformes, os rálidos, os otídidos (da orde dos gruiformes), os cariamiformes, gangas, columbiformes, musofáxidos, cuculiformes e coliiformes.<ref>Jarvis, E. D. et al. (2014): "Whole-genome analyses resolve early branches in the tree of life of modern birds". Science 346 (6215): 1320–1331.</ref>
En 2015, unha investigación xenética indicou que o hoatzín é o último membro supervivente dunha liña de aves que se desviou na súa propia dirección hai 64 millóns de anos, pouco despois do evento da extinción que acabou cos dinosauros.Prum, Richard O.; Berv, Jacob S.; Dornburg, Alex; Field, Daniel J.; Townsend, Jeffrey P.; Lemmon, Emily Moriarty & Lemmon, Alan R. (2015): "A comprehensive phylogeny of birds (Aves) using targeted next-generation DNA sequencing". Nature 526: 569–573.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Thomas, B. T. (1996): "Family Opisthocomidae (Hoatzins)". En: del Hoyo, Josep; Andrew, Jordi & Sargatal, Christie. Handbook of the Birds of the World''. Volume 3, Hoatzins to Auks. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-87334-20-2, pp. 24–32.
Ligazóns externas Imaxes, vídeos e sons de Hoatzin
Categoría:Animais descritos en 1776 Categoría:Aves do Brasil Categoría:Aves de Bolivia Categoría:Aves de Colombia Categoría:Aves do Perú Categoría:Aves de Venezuela Categoría:Aves da rexión da Güiana Categoría:Aves do Amazonas