O Moianès é unha comarca da provincia de Barcelona, situada no centro de Cataluña. A súa capital é Moià. Era unha comarca histórica e o Parlamento de Cataluña aprobou a súa creación como comarca administrativa o 15 de abril de 2015.

A comarca limita polo norte e leste con Osona, polo oeste co Bages, polo sur co Vallès Occidental e polo sueste co Vallès Oriental.

Concellos A comarca está formada por 10 concellos que pertencían administrativamente a tres comarcas diferentes antes da creación do Moianès: o Bages, Osona e o Vallès Oriental.

Concello Poboación (2014)(hab.) Calders 949 Castellcir 718 Castellterçol 2.400 Collsuspina 338 l'Estany 407 Granera 80 Moià 5.760 Monistrol de Calders 695 Sant Quirze Safaja 644 Santa Maria d'Oló 1.065 13.056

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do Consorcio do Moianès

Categoría:Comarcas de Cataluña