Os Xogos da Lusofonía son un evento multideportivo entre países de lingua portuguesa, constituíndo unha especie de Xogos Olímpicos disputados entre os diversos países lusófonos.

Competición "Unidos pelo desporto", este é o lema da Associação dos Comités Olímpicos de Língua Oficial Portuguesa (ACOLOP), que foi fundada o 8 de xuño de 2004, co obxectivo de integrar o mundo lusófono polo deporte e xa oficialmente recoñecida polo Comité Olímpico Internacional.

O portugués é o idioma oficial de Angola, Brasil, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Macau, Mozambique, Portugal, San Tomé e Príncipe, Timor-Leste e, dende 2007, Guinea Ecuatorial. Na actualidade, é a cuarta lingua materna máis falada do mundo, con cerca de 260 millóns de falantes nativos, estando case 5 millóns deles espallados por outros países do mundo (principalmente EUA, Canadá, Francia e o Reino Unido entre outros).

Os membros asociados da ACOLOP, Guinea Ecuatorial, India e Sri Lanka, países onde o portugués non é lingua oficial, foron convidados a participar nos Xogos da Lusofonía. A influencia do Imperio Portugués sobre os continentes africano, asiático e oceánico, durante a Era dos Descubrimentos, explica a perpetuación de variacións da lingua portuguesa nalgunhas rexións desas tres nacións.

A Galiza, terra onde se orixinou a lingua portuguesa e onde moitos filólogos afirman que o galego e o portugués e a mesma lingua, foi convidada varias veces a participar nos Xogos, ficando fóra dos mesmos por causa do desinterese mostrado polo goberno autonómico.

Edicións

AnoXogosSedePaísDataMaior medallistaDesempeño do anfitrión2006IMacau (R.A.E. da R.P. da China)7 de outubro - 15 de outubro (29-19-9): 6º (0-3-11)2009IILisboa11 de xullo - 19 de xullo (33-23-20): 2º (25-34-15)2014IIIGoa18 de xaneiro - 29 de xaneiro: (37-27-28): 1º (37-27-28)2017IVMaputoevento canceladoevento cancelado2021VLuandaevento canceladoevento cancelado

Notas

Categoría:Xogos da Lusofonía