Roberto Bautista Agut, nado en Castelló de la Plana o 14 de abril de 1988, é un tenista español. Traxectoria
Considerado na súa adolescencia como unha das máis firmes promesas do tenis español, en 2009 foi gañador dunha medalla de ouro e outra de bronce nos Xogos Mediterráneos, celebrados en Pescara. Non obstante, tivo que esperar ata os 24 anos para ingresar entre os cen primeiros tenistas da clasificación mundial, algo que logrou tras alzarse con tres vitorias na categoría Challenger. Venceu o seu primeiro torneo ATP World Tour en 2014, ano no que alcanzaría a súa mellor clasificación ata a data (14º) e o premio ao tenista con mellor progresión da tempada.
Roberto é un tenista solvente en todas as superficies, cun servizo preciso (liderou a estatística ATP de porcentaxe de primeiros saques en 2013), unha dereita potente e un eficaz golpe plano.
Notas
Categoría:Tenistas olímpicos de España Categoría:Nados en Castelló de la Plana Categoría:Nados en 1988 Categoría:Tenistas nos Xogos Olímpicos de 2016