Gregorio Pedro VIII Ter AstowaçatowreanO seu apelido tamén aparece como Der-Asduazadrian. (en , Grigor Petros Ë. Tēr Astowaçatowrean (ISO 9985)), finado o 9 de xaneiro de 1866, foi o 8º Patriarca de Cilicia da Igrexa Católica Armenia dende o 17 de xullo de 1843 até o seu pasamento. Traxectoria Foi director do seminario de Bsumar e vigairo patriarcal. O 17 de xullo de 1847 foi elixido patriarca de Cilicia logo da morte de Xacobe Pedro VII Holasean.
Durante o seu pontificado convertéronse moitos armenios ao catolicismo, polo que o patriarca dirixiu os seus esforzos á atención pastoral dos seus fieis, construíndo igrexas, capelas e escolas, e tratando de mellorar a formación dos seminaristas. En 1853 convocou por primeira vez un sínodo en Bsumar, onde se tomaron decisión nos ámbitos litúrxico, pastoral e canónico. Durante o sínodo o patriarca ordenou cinco novos bispos.
Finou no cargo o 9 de xaneiro de 1866.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org
Categoría:Patriarcas de Cilicia Categoría:Finados en 1866