Abraham Pedro I ArçiweanO seu apelido tamén aparece como Ardzivian, Artzivian, Arziwian, Ardzivyan. (en , Abraham Petros A. Arçiwean (ISO 9985)), nado en Aintab o 12 de abril de 1674 e finado no Monte Líbano o 1 de outubro de 1749, foi o 1º patriarca de Cilicia da Igrexa católica armenia dende o 26 de novembro de 1740 até o seu pasamento.

Traxectoria Naceu en Aintab, hoxe chamada Gaziantep, en Turquía. Formado na escola do misioneiro Melkon Tazbazian, logo de ser ordenado sacerdote comezou o seu ministerio en Cilicia. Co apoio do coadxutor Pedro II de Alepo, favorable á unión con Roma, foi elixido bispo de Alepo en 1710, e consagrado polo mesmo Pedro II. Traballou fortemente para achegar a moitos armenios, o que lle valeu a inimizade dos armenios gregorianos.

En 1714 foi condenado a galeras xunto con Tazbazian por propagar a idea da unión con Roma, logo de que varios católicos armenios elixiran a Tazbazian como patriarca. Logo de ser liberado, estivo na cadea na illa de Aruad entre 1719 e 1721, cando foi novamente liberado coa condición de non volver a Alepo. Marchou ao Líbano, onde foi acollido polos maronitas e polo seu patriarca Xosé V, e participou na fundación do mosteiro do Santísimo Salvador da Orde dos Antonianos Armenios en Kraim-Rusta, onde residiu e permaneceu até 1739; dende alí comunicábase cos seus seguidores, animándolles a perseverar, e dirixía a diocese por medio do seu vigairo Yakob Yovsepean. Atraeu a moitos armenios dende Siria e outras rexións, entre eles aos bispos Estevo de Damasco e Serxio de Xerusalén. O propio patriarca maronita Xosé V permitiu aos católicos armenios celebrar a misa nas igrexas maronitas e celebrar os demais sacramentos, o que certificou o 18 de novembro de 1733:We inform our dear children of the Maronite Nation, that we have already forbidden all the Oriental priests to hear confession of our flock, Missionaries are not included. Moreover this prohibition does not reach our dear Brother Abraham, the Armenian bishop and his priests, who abide in the Saviour's Convent of Kreim. They have the authority to hear confession, celebrate the Holy Mysteries and preach at any time they like, in our Churches. We ought to help and assist them due to their sincere loyalty to the Roman Church, for their piety, saintliness and their zeal to safeguard the Faith. We deliver to them this certificate to cut short all contestation and uproot all doubt concerning them. We desire that they should be honored everywhere and aided by our priests and flock.

Os bispos armenios que vivían no Líbano empregaban a mesma vestimenta clerical que os prelados maronitas, e tamén as mesmas vestimentas litúrxicas.Isto se mantivo até 1867, coa elección do patriarca Hasownean, que tivo como sé Constantinopla. O mesmo Arçiwean participou no concilio maronita de 1736, asinando as actas do mesmo xunto aos outros prelados.

En 1738 as autoridades permitiron aos católicos armenios de Alepo ter unha igrexa propia, e tempo despois lles autorizaron a volta do seu bispo. En 1739 Arçiwean volveu á súa diocese, onde consagrou xunto a dous bispos melquitas tres novos bispos católicos armenios, entre eles o mesmo Yosevpean. Logo da morte de Lucas I, o 26 de novembro de 1740 foi elixido catholicos de Cilicia. Abraham I viaxou a Roma, onde o papa Bieito XIV lle recibiu afectuosamente, concedéndolle o palio confirmándoo co título de "Catholicos-Patriarca de Cilicia" o 8 de decembro de 1742, dándolle xurisdición sobre os católicos armenios de Cilicia e Armenia Menor. Neste momento adoptou como segundo nome "Pedro", tradición mantida dende entón polos seus sucesores. A súa elección foi resistida por unha parte do clero armenio que, aproveitando o seu viaxe a Roma, elixiu como catholicos a Miguel I.

Por mor da oposición en Alepo, Abraham volveu ao Líbano, residindo no convento de Kraim. Finou no Monte Líbano o 1 de outubro de 1749.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org

Categoría:Nados en 1679 Categoría:Nados na provincia de Gaziantep Categoría:Bispos ortodoxos orientais de Siria Categoría:Bispos ortodoxos orientais de Turquía Categoría:Bispos católicos do Líbano Categoría:Bispos católicos de Siria Categoría:Bispos católicos de Turquía Categoría:Patriarcas de Cilicia Categoría:Finados en 1749