A Igrexa ortodoxa autocéfala belarusa (en , Bielaruskaja aǔtakefaĺnaja pravaslaǔnaja carkva) é unha igrexa ortodoxa non canónica que aspira a ser a igrexa ortodoxa autocéfala nacional de Belarús, en contraposición co exarcado belaruso da Igrexa ortodoxa rusa.

Historia Orixe e primeiros anos O 23 de xullo de 1922 na catedral dos Santos Apóstolos Pedro e Paulo de Minsk tivo lugar un sínodo eclesiástico que decidiu crear, como forma de protección contra o renovacionismo e para distanciarse do patriarcado de Moscova baixo influencia soviética, unha metrópole autónoma belarusa nos territorios da República Socialista Soviética de Belarús. O sínodo elixiu ao arcebispo Mielchisiedek Pajeŭski metropolita co título de "Minsk e Belarús", e estabeleceu catro dioceses: Minsk, Babrujsk, Mazyr e Sluck. O alcance e motivos desta proclamación de autonomía son discutidos. Segundo historiadores como o sacerdote ortodoxo ruso Shcheglov, tratouse soamente dun movemento para resistir á persecución incipiente e para asegurar o normal funcionamento da Igrexa nos territorios de Belarús.

Primados Iziaslaŭ Brucki (maio de 1984 - 26 de novembro de 2007, finado) Sviataslaŭ Lohin (dende o 11 de maio de 2008) Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web oficial .