O viaduto do Ulla, tamén coñecido como viaduto de Reguenga, é unha infraestrutura construída para salvar o paso do río Ulla, situada na autoestrada AP-53 (sector dependente do ministerio de Fomento da Autoestrada Central Galega) entre os concellos de Vedra (A Coruña) e A Estrada (Pontevedra).

Características Encóntrase no Tramo I, Santiago-Silleda, da autoestrada central galega, de 33,6 km de lonxitude, sendo o viaduto máis longo dos doce que ten este tramo. miniatura|Fomento segue a rotular as súas obras en Galicia só en castelán. O viaduto, sobre o río Ulla, no límite das provincias da Coruña e Pontevedra, conta 700 m de lonxitude, ten 16 vans e calzadas separadas que franquean o val do Ulla. A altura sobre o río no van que o cruza é de 65 m.ACEGA-AP53 Acega. Santiago de Compostela-Alto de Santo Domingo en Itínere.

O viaduto arranca na parroquia Santa Cruz de Ribadulla (Vedra), preto do lugar do Coto, onde se encontra a Área recreativa de Agronovo,"Área recreativa de Agronovo" en El Correo Gallego, 19-03-2012 e remata no lugar de Reguenga da parroquia de Cervaña (Silleda).Cervaña na web do concello de Silleda. moi preto da limítrofe parroquia de Arnois, xa no concello da Estrada.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Viaduto do Ulla (AP-9) Ligazóns externas Páxina oficial de ACEGA

Ulla Ulla Categoría:Vedra Categoría:Silleda Categoría:Río Ulla