O castelán ou español é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España, e boa parte de América do Sur, América Central e América do Norte como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a segunda lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarínEthnologue, 2013 e a segunda lingua máis estudada no mundo, despois do inglés.El País, 2007 La Vanguardia, 2012
Nomes Esta lingua derivada do latín ten dous nomes, español e castelán. Este último é o preferido dentro do territorio de España debido á presenza doutras linguas cooficiais ou non (galego, catalán, éuscaro, asturiano, occitano...) e a que historicamente é o primeiro nome desta lingua ao xurdir no territorio do condado de Castela; o primeiro é o máis utilizado no contexto internacional. O contexto de uso da palabra inflúe na escolla dunha forma ou outra, pois cando se usa en contraste con outra lingua cooficial adoita usarse castelán, mentres que en contextos internacionais é habitual usar español (esta tendencia vese máis esaxerada aínda nas traducións equivalentes en linguas de fóra da península).
Historia miniatura|upright=1.25|Mapa cronolóxico que amosa a evolución territorial das linguas do suroeste de Europa entre as que aparece o castelán.
miniatura|Unha páxina do Cantar de Mio Cid.
A historia da lingua castelá ten a súa orixe no latín vulgar da zona central do norte de Hispania, derivado do latín que se expandira polo Imperio romano. Trala caída deste no século V, a influencia do latín culto foi diminuíndo paulatinamente, e o latín falado desa época foi a orixe das variedades romances hispánicas.
No século VIII, trala invasión musulmá da Península Ibérica, formáronse dúas zonas ben diferenciadas: en Al-Ándalus os dialectos romances deron pé ao mozárabe, que convivía coas linguas da minoría estranxeira-invasora alóctona (árabe e bérber). Mentres, na zona en que se formaban os reinos cristiáns desde pouco despois do inicio da dominación musulmá, comezou unha evolución diverxente, na que xurdiron varias modalidades romances dun continuum intercomprensible: a catalá, a navarro-aragonesa, a castelán, a asturleonesa e a galaico-portuguesa. O dialéctico románico castelán naceu no condado de Castela (entre o sur de Cantabria e o norte da actual provincia de Burgos) con influencia vasca e visigótica.
Os textos conservados máis antigos con trazos e palabras que se poden considerar precursoras do castelán son os documentos escritos en latín coñecidos como Cartularios de Valpuesta"Descubren que las palabras más antiguas escritas en Español son del siglo IX", 20 minutos, 27 de decembro de 2009., conservados na igrexa de Santa María de Valpuesta. Estas copias de documentos son de diversas épocas, sendo os máis antigos do século IX«La RAE avala que Burgos acoge las primeras palabras escritas en castellano», artigo de Miguel A. Vergaz en El Mundo, 7 de novembro de 2010 .. As Glosas Emilianenses de finais do século X ou comezos do XI, conservadas no Mosteiro de Yuso (San Millán de la Cogolla) foron consideradas por Ramón Menéndez Pidal como o testemuño máis antigo da lingua castelá, mais posteriormente demostrouse que as formas escritas neses documentos corresponden ao romance navarro-aragonésWolf y Ruhstaller (1996: 109-112) amosan que as glosas non poden ser casteláns nin rioxanas, e que os trazos que presentan corresponden á área navarro-aragonesa..
Un momento decisivo no afianzamento do castelán tivo lugar durante o reinado de Afonso X o Sabio (1252-1284)España: reflexiones sobre el ser de España, p. 321. Real Academia de la Historia. Madrid, 1998 ISBN 84-89512-04-3 .Alvar, Carlos; Lucía Megías, José Manuel (2002) Diccionario filológico de literatura medieval española volumen 21, p.1019 Madrid, ed.Castalia ISBN 978-84-9740-018-6 .. Por aquel entón os cantares de xesta acadaran popularidade porque estaban escritos no romance vulgar, mais as obras cultas e literarias producidas na Corte eran redactadas en latín, única lingua culta da Europa cristiá nesa época. Por isto, resultou unha verdadeira revolución cultural que o rei Afonso X decidise dirixir un bo número de obras de elevada cultura redactadas en romance castelán, un idioma até entón desairado polas persoas letradas por consideralo demasiado prosaico. Isto deu pé ao recoñecemento oficial do castelánObediente, Enrique (2007) Biografía de una lengua: nacimiento, desarrollo y expansión del español p.244-248 Mérida, Venezuela, Universidad de Los Andes ed. Editorial Venezolana C.A. ISBN 978-980-11-1026-2 ..
O castelán estendeuse cara ao sur pola Península Ibérica durante a Baixa Idade Media segundo avanzaba a expansión do reino de Castela na chamada Reconquista. A incorporación á Coroa de Castela dos reinos de León e Galicia con Fernando III e a introdución dunha dinastía castelá no Reino de Aragón con Fernando I e despois a unión de ambos os dous reinos co matrimonio dos Reis Católicos e as súas políticas centristas aumentaron a difusión do castelán polo resto da península.
dereita|miniatura|Antonio de Nebrija, autor da Gramática, a primeira gramática publicada en imprenta dunha lingua europea moderna.
En 1492 o sevillano Antonio de Nebrija publicou en Salamanca A Grammatica, primeiro tratado de gramática da lingua castelá e primeiro publicado «en molde» dunha lingua europea moderna."Spanish Language Facts", en Encyclopedia.com .. O primeiro libro impreso en castelán aparecera cara a 1472Peter Burke (2004): Languages and Communities in Early Moder Europe, Cambridge University Press ..
A comezos do século XVI xa comezara o proceso de reaxuste das consoantes sibilantes, que significou a redución do sistema fonémico ao pasar, pola perda do trazo de sonoridade, de seis consoantes sibilantes a dúas ou tres segundo a variedade.
A colonización española en América durante o século XVI levou a lingua castelá por boa parte do continente, tomando préstamos que enriqueceron o seu vocabulario de idiomas nativos como o náhuatl ou o quechua, linguas sobre as que tamén tivo un notable impacto.
En España, desde a época dos Borbóns, tivo lugar unha política centralista de unificación lingüística e conseguinte minorización do resto de linguas vernáculas en favor do castelánMARIÑO PAZ, R., Historia da lingua galega, Sotelo Blanco, 1999, Santiago de Compostela.. Durante os séculos XVII e XVIII apareceron publicacións periódicas públicas e privadas en castelán. Gazeta foi a primeira, e apareceu en Madrid en 1661 da man de Julián Paredes. Despois apareceron outras en vilas como Salamanca, León, Granada, Sevilla ou Zaragoza. Coa difusión da escolarización en América na segunda metade do século XVIII o castelán pasou a ser a lingua normal no ensino en detrimento das linguas indíxenas.
Distribución xeográfica O castelán é a lingua oficial de España (xunto co catalán, o galego e o éuscaro nas zonas en que estes se falan), en dezanove países de América e en Guinea Ecuatorial. Amais, ten certo grao de oficialidade nos Estados Unidos de América, Filipinas e o Sáhara Occidental. Ten falantes repartidos polos cinco continentes:
América miniatura|Porcentaxe de castelanfalantes nos estados americanos cuxa lingua oficial non é o castelán. <table><tr>
</td></tr></table> Supón arredor do 90 % do total de falantes de castelán no mundo, uns 400 millóns de persoas."El español, ¿petróleo de España?" , El Castellano, marzo de 2013 .. Distribúese polos países de Hispanoamérica, algúns estados dos Estados Unidos, algunhas provincias do Canadá e os estados do sur do Brasil.
Hispanoamérica
A gran maioría dos castelanfalantes, uns 375 millóns de persoas, viven en Hispanoamérica. México é o país co maior número de falantes (case unha cuarta parte do total de castelanfalantes do mundo), aínda que non é a única lingua oficial do estado, xa que desde 2003 México recoñece como idiomas tamén oficiais as linguas indíxenasArtigo 4.° da Lei Xeral de Dereitos Lingüísticos dos Pobos Indíxenas..
É unha das linguas oficiais da Arxentina, BoliviaConstitución de Bolivia de 2009. título I, capítulo 1.º, artigo 5, paráágrafo 1: cooficial con «todos los idiomas de las naciones y pueblos indígenas campesinos autóctonos, que son el aimará, araona, bauré, bésiro, canichana, cavineño, cayubaba, chácobo, chimán, ese ejja, guaraní, guarasu’we, guarayu, itonama, leco, machajuyaikallawaya, machineri, maropa, mojeño-trinitario, mojeño-ignaciano, moré, mosetén, movima, pacawara, puquina, quechua, sirionó, tacana, tapieté, toromona, uru-chipaya, weenhayek, yaminawa, yuki, yuracaré y zamuco») ., ColombiaConstitución de 1991 : (xunto coas linguas e dialectos dos grupos étnicos nos seus territorios., Costa Rica., Cuba., EcuadorSegundo a Constitución de 2008 , título I, artigo 2: «El castellano es el idioma oficial del Ecuador; el castellano, el kichwa y el shuar son idiomas oficiales de relación intercultural. Los demás idiomas ancestrales son de uso oficial para los pueblos indígenas en las zonas donde habitan y en los términos que fija la ley. El Estado respetará y estimulará su conservación y uso»., O Salvador., Guatemala., Honduras., NicaraguaConstitución, título II, artículo 12., Panamá ., Paraguai (cooficial co guaraní e Ethnologue - Paraguay(2000). O guaraní é tamén o idioma máis falado en Paraguai por número de falantes nativos.), o Perú . (cooficial co quechua, aimará e demais linguas nativas onde predominen), República Dominicanahttp://www.comparativeconstitutionsproject.org/files/Dominican%20Republic_2010.pdf e VenezuelaA Constitución de Venezuela di que «Los idiomas indígenas también son de uso oficial para los pueblos indígenas y deben ser respetados en todo el territorio de la República, por constituir patrimonio cultural de la Nación y de la humanidad». Non ten recoñecemento de lingua oficial noutros países americanos onde é lingua falada e maioritaria, como en Chile, Porto Rico e o Uruguai. En Porto Rico, segundo os sucesivos plebiscitos do status político do país, que se sumaban ao establecido pola Constitución de 1952, estableceuse que «es la garantía permanente de ciudadanía estadounidense, nuestros dos idiomas, himnos y banderas» e ..
O castelán en países onde non é oficial miniatura|Distribución dos castelanfalantes nos Estados Unidos segundo o censo de 2010.
Os falantes adoitan ser emigrantes de Hispanoamérica ou os seus descendentes, así como estudantes da lingua, onde acostuma ser a lingua máis estudada despois das oficiais.
Estados Unidos é o segundo país con máis castelanfalantes no mundo"CNN en español restructures its programing", New York Times, 13 de marzo de 2011 .Instituto Cervantes, 2008 ("Más 'speak spanish' que en España", El País, 6 de xuño de 2008 .. O castelán ten unha longa historia nos Estados Unidos, con moitos topónimos nesa lingua desde a época da colonización española. A súa presenza viuse fortalecida pola inmigración procedente do resto de América. O español concéntrase especialmente en cidades cosmopolitas como Nova York, Os Ánxeles, Chicago, Miami, Houston, San Antonio, Denver, Baltimore e Seattle. O castelán, ademais, é a lingua estranxeira máis ensinada no paísForeign Language Enrollments in United States Institutions of Higher Learning , MLA Fall 2002..