miniatura|dereita|300px|Pantocrátor de San Clemente de Taüll, no MNAC. A arte de Cataluña tivo unha evolución paralela á do resto da arte europea, seguindo de forma diversa as múltiples tendencias que produciron no contexto da historia da arte occidental. A arte foi, dende sempre, un dos principais medios de expresión do ser humano, a través do cal expresa as súas ideas e sentimentos, e a forma pola que se relaciona co mundo. A súa función pode variar dende a máis práctica até a máis ornamental, pode ter un contido relixioso ou sinxelamente estético, e pode ser duradeiro ou efémero.
Ó longo da historia, Cataluña acolleu diversas culturas e civilizacións, que achegaron o seu concepto da arte e deixaron o seu legado. Cada período histórico tivo unhas características concretas, comúns a outras rexións e culturas, ou ben únicas e diferenciadas, que foron evolucionando co devir do tempo. Dende aquí xorden os estilos artísticos, que poden ter unha orixe xeográfica ou temporal, ou mesmo reducirse á obra dun artista en concreto, sempre que se producisen unhas formas artísticas claramente definitorias.
A arte catalá é froito da diversa amálgama social e cultural achegada polos diversos pobos que habitaron o territorio: ós primeiros poboadores prehistóricos sucedéronos os outros pobos (celtas e iberos) chegados na Idade dos Metais; estes conviviron máis tarde cos primeiros colonizadores procedentes das civilizacións mediterráneas, os gregos; a continuación chegaron os romanos, que converteron o territorio nunha provincia máis do seu imperio; despois da caída deste, Cataluña formou parte do reino visigodo, e pouco despois do islámico. A Idade Media foi o comezo da cultura catalá como unha entidade propia e definida, cunha lingua de seu, herdeira do latín. Foi unha época de apoxeo para a arte catalá, sendo o románico e o gótico períodos moi produtivos para o desenvolvemento artístico do Principado. Durante a Idade Moderna, o vencello con España e a sucesión de varias crises económicas e culturais, a art comeza a esmorecer, sendo o Renacemento e o Barroco estilos non especialmente sobranceiros para a historia da arte catalá. Dende o século XIX, coa revitalización económica e cultural, volve florear a arte; e o modernismo é un dos períodos máis esplendorosos da arte catalá. Malia isto, o século XX supuxo a posta ó día dos estilos producidos polos artistas cataláns, que conectan coas correntes internacionais, xurdindo figuras de primeira orde a escala mundial como Salvador Dalí, Joan Miró e Antoni Tàpies.
Véxase tamén
Outros artigos Arte pública de Barcelona
Ligazóns externas Arte catalá na Rede Telemática Educativa de Cataluña Historia da arte de Cataluña Vídeo Síntesi d'història de l'art de Catalunya Catálogo da Academia de Sant Jordi
Categoría:Arte de Cataluña