Dimitri Zinovievich Tiomkin, (en ruso, Дмитрий Зиновьевич Тёмкин, en ucraíno Дмитро́ Зино́війович Тьо́мкін), nado en Kremenchuk (hoxe en Ucraína) o e finado en Londres o 11 de novembro de 1979 foi un compositor cinematográfico de Hollywood de orixe ucraíno.
Traxectoria Dimitri Tiomkin naceu no Imperio Ruso nunha familia de orixe xudía.Stevens, Lewis. Composers of Classical Music of Jewish Descent, Vallentine Mitchell Publ. (2003) p. 50 O seu pai, Zinovy Tiomkin foi un recoñecido patólogo e logo un líder sionista. A súa nai, Marie Tartakovskaya,http://oxfordindex.oup.com/view/10.1093/anb/9780198606697.article.1801449 era música e comezou a ensinar piano a Tiomkin de moi novo.
Estudou no conservatorio de San Petersburgo con Felix Blumenfeld e harmonía con Aleksandr Glazunov, mentor de Sergei Prokofiev e Dmitrii Shostakovich.Robinson, Harlow. Russians in Hollywood, Hollywood's Russians: Biography of an Image, Northeastern Univ. Press (2007) pp. 130-133 En 1920, foi un dos principais organizadores de dous espectáculos de masas, o "Misterio do Traballo Liberado" e "O asalto do Palacio de Inverno".James Von Geldern, Bolshevik Festivals (Berkeley, University of California Press, 1993), 157, Katerina Clark, Petersburg, Crucible of Revolution (Cambridge, Mass., Harvard University Press, 1995), 135-36 Durante a súa etapa en San Petersburgo traballou tocando o piano en numerosos filmes mudos rusos.
Debido a que a revolución diminuíra as oportunidades para os músicos clásicos en Rusia, marchou a Berlín para vivir co seu pai. Mudouse logo a París co seu compañeiro Michael Khariton para tocar xuntos dúos de piano. En 1925 o dúo recibiu unha oferta do produtor teatral Morris Gest para ir aos Estados Unidos e tocaron nos circuítos de vodevil acompañando a compañía de ballet da bailarina austríaca Albertina Rasch. Tiomkin e Rasch casaron en 1927.
Trala caída da bolsa de 1929 reducíronse as oportunidades de traballo en Nova York, polo que Tiomkin e a súa dona marcharon a Hollywood,Warren M. Sherk (2003), "Biography: Dimitri Tiomkin" en "Dimitri Tiomkin: The Official Web Site." Consultado o 4 de setembro de 2010. onde foi contratado para supervisar números de baile en musicais de MGM. O seu primeiro proxecto musical importante foi para Alice in Wonderland (1933).Allen Hughes, "Dimitri Tiomkin Dies; Wrote Film Scores", The New York Times, 14 de novembro de 1979. A pesar de traballar nalgúns proxectos cinematográficos o seu obxectivo continuou a ser converterse pianista de concertos ata que rompeu un brazo en 1937 e decidiu concentrarse na composición de bandas sonoras.Cooke, Mervyn. The Hollywood Film Music Reader, Oxford Univ. Press (2010) pp. 117-136
Acadou recoñecemento con Lost Horizon (1937), de Frank Capra. Ese ano converteuse en cidadán estadounidense.Dominic Power, "Tiomkin, Dimitri" en "film reference". Consultado o 7 de setembro de 2010. Na seguinte década continuou a traballar en filmes de Capra.
Durante a súa carreira foi candidato ao Oscar en vinte e tres ocasións.
Filmografía 1937 - Lost Horizon 1939 Mr. Smith Goes to Washington 1941 - The Corsican Brothers 1943 - The Moon and Sixpence 1944 - The Bridge of San Luis Rey 1946 - Duel in the Sun 1949 - Champion 1952 - Só ante o perigo 1954 - Dial M for Murder 1954 - The High and the Mighty 1956 - Friendly Persuasion 1956 - Xigante 1957 - Wild Is the Wind 1958 - The Old Man and the Sea 1960 - O Álamo 1959 - The Young Land 1961 - Town Without Pity 1961 - The Guns of Navarone 1963 - 55 días en Pequín 1964 - A caída do Imperio Romano 1969 - Tchaikovsky
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Dimitri Tiomkin en Find-A-Grave Dimitri Tiomkin High Noon, de Dimitri Tiomkin's
Categoría:Compositores dos Estados Unidos de América Categoría:Músicos de Ucraína Categoría:Nados na rexión de Poltava Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en 1979