miniatura|Francisco Fernández del Riego vestido cunha caroza. Unha coroza, ou caroza, é unha peza de vestir tradicionalmente empregada na Galicia rural para resgardarse da choiva. Estaba feita de xuncos ou de colmo e completábase cunhas polainas e un carapucho do mesmo material.
Está confeccionada en tres partes, unha exterior que cobre os ombreiros e chega até a cintura, e dúas interiores que comezan dende os ombreiros e que chegan até os pés. Na parte inferior das pernas póñense as polainas e para os pés unhas botas de coiro con sola de madeira. Pode levar un capelo, unha carapucha feita en capas do mesmo material para cubrir a cabeza.
Esta peza de vestir foi caendo en desuso, e o 6 de marzo de 2018, morreu en Castro, Carballedo, Alejandro Regal Regal, o último fabricante de corozas da comarca de Chantada e, poida que o último de Galicia. Alejandro tiña 88 anos e era un dos últimos artesáns que sabían como elaborar este traxe.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Traxe galego
Categoría:Patrimonio moble de Galicia Categoría:Vestimenta Categoría:Folclore